Noticias da Mesa

Presentación do Protocolo de Donostia na RAG e no Parlamento de Galiza

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o Secretario Xeral de Kontseilua reuniranse co presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, e co presidente da Real Academia Galega, Victor Freixáns

A Mesa presentará tamén o informe da Liña do Galego no Consello da Cultura

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O calendario para mañá día 20 de abril será o seguinte:

  • 12.00: Reunión co presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, e presentación do Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos.

Ás 12.45 horas ofrecerase unha rolda de imprensa para informar a respecto do encontro e dos aspectos recollidos polo Protocolo de Donostia, na sede da RAG (rúa tabernas, A Coruña)

Asisten: Paul Bilbao (Secretario Xeral de Kontseilua), Pilar García Negro (Membro Comité científico do Protocolo), Celia Armas ( Responsábel da Mesa – A Coruña), Marcos Maceira (Presidente da Mesa).

  • 16.15 XIX Encontros para a Normalización Lingüística no Consello da Cultura Galega

Paul Bilbao presentará o Protocolo de Donostia e Marcos Maceira o informe 2017 da Liña do Galego no Consello da Cultura Galega

  • 18.30: Reunión co presidente do Parlamento de Galiza, Miguel Santalices

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, o o secretario Xeral de Kontseilua presentaranlle ao Presidente do Parlamento de Galiza o Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos. Terá lugar na sede do Parlamento (Rúa do Hórreo).

Ao comezo e á saída da reunión Maceira e Bilbao farán declaracións aos medios de comunicación.

As reunións na RAG e no Parlamento terán como obxecto presentar o Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos.

O Protocolo de Donostia é froito dun proceso de acordo desenvolvido nos anos previos por diferentes grupos de traballo, combinando os enfoques científico, académico e social, para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas. O documento internacional foi promovida por Kontseilua e outras entidades internacionais, contou coas achegas de ducias de entidades sociais de toda Europa recollidas por un Comité científico no que participou  a profesora da Universidade da Coruña e activista da lingua galega, Pilar García Negro.

Este documento dá continuidade á Declaración Universal dos dereitos lingüísticos de 1996, que foi aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galiza e asumida polo Congreso dos Deputados.

Respecto aos Encontros para a Normalización Lingüística no Consello da Cultura, a intervención da Mesa pola Normalización Lingüística será ás 16:15. Nesta intervención presentarase o Protocolo de Donostia para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, da man de Paul Bilbao, e último informe da Liña do Galego, presentado por Marcos Maceira.

A Liña do Galego é un servizo gratuíto que A Mesa pon a disposición dos cidadáns desde o 2008, no que se poden presentar queixas sobre a vulneración dos dereitos lingüísticos que fan algunhas institucións, empresas, etc ou tamén se poden facer consultas respecto a estes dereitos. Dentro deste servizo tamén se poden presentar parabéns para todos aqueles que garanten a presenza do galego e a vivir no noso idioma.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang