Presentamos “O tempo meteorolóxico” na feira do libro de Ourense, xunto con Miguel Robledo

A Feira do Libro de Ourense acolleu esta tarde a presentación do libro ilustrado O tempo meteorolóxico, que axuda a cativada a identificar os fenómenos meteorolóxicos polo seu nome en galego. Na presentación participaron a secretaria xeral da Mesa, Mónica Pazos, e mais o ilustrador do volume, Miguel Robledo, quen tamén foi o encargado de realizar o videclip que acompaña o libro, a partir da canción homónima composta e interpretada por Magín Blanco.
O tempo meteorolóxico forma parte xunto con O abecedario, As aves e Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa. Pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral. Hai un anaco dispoñíbel para consulta aquí.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra