Noticias da Mesa

Presentamos unha das incorporacións máis recentes a Abertos ao Galego: Axencia Exclusiva de Seguros Ribeira do Berbés

A incorporación máis recente a Abertos ao Galego é a Axencia de Seguros Exclusiva Ribeira do Berbés s.l., unha franquía do grupo aseguradorAXA

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

 

Ribeira do Berbés é unha sociedade limitada, onde dous mozos: Daniel Lago e Alexandre Pérez, lideran  e protagonizan un proxecto empresarial no que pretenden reinventar un sector bastante clásico e tradicional, neste camiño de innovación apostan pola adaptación á realidade lingüistica, tentando aumentar a presenza do galego no seu eido de traballo e facilitar que as/os clientes teñan cada vez máis documentación e asesoramento sobre os seus seguros e inversións disponíbel na nosa lingua.

 

Estivemos esta semana con Daniel Lago, un dos socios fundadores da Axencia Exclusiva de Seguros Ribeira do Berbés, en Vigo, que nos explicou os pasos que están a dar para tentar unha maior galeguización dos contratos que ofertan e dos seus servizos. Ribeira do Berbés é unha franquía do grupo AXA que, na beira do Vigo tradicional e xunto do Vigo moderno e industrial, pretenden promover, do modo mais profesional posíbel no sector ao que pertencen, o uso normalizado do galego, que pouco a pouco vai aumentando, tanto pola solicitude dos/as clientes, como de axencias como esta e coa colaboración da aseguradora AXA.

 

Neste momento, hai varios tipos de seguros que poden ser contratados en galego, especialmente os de fogar e automóbil, ramos mais comerciais da compañia. Ademais, Daniel explícanos que as/os clientes poden escoller a língua preferente na que queren receber as comunicacións directas da AXA; avisos de vencementos, campañas comerciais,… 

 

Para Daniel, sería desexábel que no ámbito dos seguros, un sector dominado clasicamente polo castelán, houbese unha situación de maior normalidade do galego, mais tamén en xeral no mundo da empresa. Segundo falounos, entende que aínda que na oralidade entre as persoas existe unha presenza do galego importante, é preciso elevar estes usos aos aspectos máis formais da linguaxe e no rexistro da escrita (páxinas web, publicidade, contratos de servizos, pólizas de seguro,…).

 

Na Axencia Exclusiva de Seguros Ribeira do Berbés é un valor esencial respectar a lingua de cada un dos/as seus/suas clientes, tanto na relación persoal, como nas comunicacións da empresa, tentando por iso que a Axa aumente cada vez máis a presenza do galego na comunicación; tanto interna como na externa. Entenden que o seu obxectivo é dar un bo servizo e de calidade; e poder respectar en todos os aspectos a escolla lingüística do/a seu/sua cliente, forma parte desta idea. Daniel tamén opina que o uso do galego no ámbito empresarial é sempre un valor engadido e que son os/as que conformamos o tecido empresarial os/as que temos que impulsar o seu uso formal nas relacións de empresa.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis