Noticias da Mesa

Preséntase unha Iniciativa Lexislativa Popular para “devolver ao pobo” a figura de Castelao

Presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular para “devolver ao pobo” a figura de Castelao

A federación de asociacións culturais Galiza Cultura xunto outras entidades entre as que se atopan a Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino botan a andar unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela. 9 de xaneiro de 2015. Un amplo programa de actividades de difusión da obra e a figura de Castelao en todas as comarcas desenvolverase durante estes catro meses de recollida de sinaturas para a presentación no Parlamento da Iniciativa Lexislativa Popular que defende o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo Galego.

A presidenta de Galiza Cultura, Pilar García Negro, xunto con representantes doutras entidades que forman parte da comisión promotora da iniciativa como Anxo Louzao pola CIG-Ensino, Marcos Maceira da Mesa pola Normalización Lingüística ou Mª Antonia Pérez e Clara Iglesias das asociacións culturais O Galo  de Santiago e Vagalume da Estrada presentaron nesta sexta feira a iniciativa que busca recoller apoios para dispoñibilizar a obra de Castelao para o goce do pobo galego ademais de catalogar e reunir toda a súa obra dispersa.

“Toda a reivindicación de Castelao veu da man das asociacións culturais, do nacionalismo galego e as súas organizacións políticas e sindicais e o que agora quere esta iniciativa é que se desenvolva unha política de atención para que a figura de Castelao sexa debidamente coñecida e valorada polo pobo ao que dedicou os seus esforzos”, sinalou Pilar Garcia Negro na presentación pública da ILP, dous días despois do aniversario do falecemento de Castelao.

Destacou a presidenta de Galiza Cultura o carácter “proteico” da figura de Castelao, coas súas diversas facetas de debuxante, pintor, escritor, dramaturgo ou ensaísta. “Estamos ante unha produción impoñente que ten que ser coñecida e estar á disposición do pobo galego”, reclamou.

Canda a recollida de sinaturas desenvolverase un programa de actos de visibilización e difusión efectiva da obra de Castelao por todo o territorio galego, con especial atención ao ámbito escolar. Palestras, mesas redondas, debates ou mesmo iniciativas singulares como a que se está a preparar en Ferrol na que un grupo de comercios comprometéronse xa a mostrar nos seus escaparates a obra de Castelao contribuirán ao obxectivo de “desenterrar a Castelao e facelo circular por todo o país, como cando publicou as estampas do Álbum Nós que se fixo popular e coñecidísimo por toda parte”.

“Non queremos que se use máis o nome de Castelao en vao senón que se poña en valor, que a súa obra se desenterre, se catalogue e poda ser coñecida polo público galego e que conte tamén cun espazo museístico digno”, explicou García Negro, resumindo os principais puntos da Iniciativa Lexislativa que agora inicia o seu camiño de suma de apoios para a presentación parlamentar.

Derradeira lección do mestre 

Alén da catalogación, localización e disponibilización da súa obra, dispersa en distintos centros e casas particulares, García Negro prestou especial atención á necesidade de recuperar o cadro “A Derradeira lección do mestre”, depositado no Centro Galiza de Bos Aires, anteriormente Centro Ourensán. “Queremos que se devolva ao seu país o que obrigatoriamente foi realizado fóra del. Na actualidade é clandestino e para contemplalo hai que solicitar permiso”, reclamou do que definiu como unha “cura do esquecemento” que tenta aproveitar todas as posibilidades das novas tecnoloxías para “achegar ao público a relevancia dunha personalidade que ten toda a vixencia e non cabe na cativeza da Galiza autonómica actual”.

“Esiximos que se acabe, de unha vez por todas, coa censura, ocultación, descoñecemento e ignorancia sobre a figura e a obra multifacética de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”, recolle o texto dunha iniciativa que, entre outros puntos, reclama a catalogación de toda a obra, a definición dun espazo museístico acaído e a divulgación da súa figura en todas as facetas para o que se require tamén o acceso público e aberto a través de Internet a toda a súa obra dixitalizada para o coñecemento e uso de todo o pobo galego”. De maneira singular, demándase que a Xunta inicie xestións para adquirir o cadro “A derradeira lección do mestre” e trasladalo de Bos Aires a Galiza para ser exposto publicamente.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang