Noticias da Mesa

Propostas de acción para difundirmos a manifestación do 8 de febreiro

Propostas de acción para a manifestación de Queremos Galego do 8 de febreiro

A plataforma Queremos Galego, que a Mesa pola Normalización Lingüística impulsa, e hoxe integrada por máis de 600 entidades, convocou para o 8 de febreiro unha grande manifestación para exixir unha acción real do goberno galego a favor da nosa lingua propia, para que sexa reposta en todos os ámbitos dos que está a ser excluída e se promova a súa oficialidade real, comezando por derrogar todas as disposicións legais que limitan o seu uso normal, como o decretazo contra o galego no ensino.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Restan moi poucos días para esta xornada, mais aínda é moito o que podemos facer a nivel individual para que a contestación do 8 de febreiro demostre máis unha vez que somos moitas as persoas que queremos vida para o galego.

Este documento, pensado para todas as socias e socios que forman A Mesa pola Normalización Lingüística, é de uso e difusión libre para todas as persoas que o quixeren pór en práctica ou contribuír con novas ideas ao respecto.

Axúdanos a difundilo polas redes sociais, rúas, locais, centros de traballo…

 


 

 

Propostas de acción

  1. Fala coa xente do teu entorno para informalos e animalos a participar. Ten presente que hai moitas persoas sensíbeis á cuestión ante a política agresiva de Núñez Feixó. Falar, informar e contrastar ideas ao respecto coa nosa xente próxima é, con certeza, o máis importante contributo que podemos facer para evitar que esta agresión continúe, e para que comecen verdadeiras políticas para a plena normalidade da nosa lingua.
  2. Envía un Whats app ou sms ao menos a dez dos teus contactoscos que non deas falado en persoa para animalos a que participen e divulguen a manifestación. Pode ser algo así como: “8 de febreiro: manifestación en Santiago. Queremos Galego! Participa e pásao!”
  3. Envía un correo-e aos teus contactos coa información da manifestación.
  4. Infórmate dos actos previos á manifestación do 8 de febreiro na túa zona, divúlgaos e tenta participar neles. Así mesmo, infórmate (p. ex., nos webs de Queremos Galego –www.queremosgalego.org- ou da Mesa –www.amesa.gal-) de cales son os posíbeis medios de transporte que puider haber desde a túa comarca para chegar á manifestación que sairá o día 8 de febreiro ás 12.00 h da Alameda de Santiago.
  5. Se tes un espazo web, coloca nel os bánners promocionais da manifestación. Atoparalos enwww.queremosgalego.org ou www.amesa.gal así como nas respectivas páxinas de facebook e twitter.
  6. Se tes un perfil en facebook, tuenti, instagram ou twitter apoia os eventos creados sobre a manifestación, convida aos teus contactos e anuncia o teu apoio desde o teu estado.
  7.  Se participas nalgunha asociación ou colectivo de calquera tipo, anímao a se adherir á plataforma Queremos Galego, a participar no plenario convocado na túa zona, a colaborar na manifestación e a emitir un comunicado aos medios de comunicación adheríndose manifestación do día 8 de febreiro.
  8.  Contribúe a espallar a convocatoria imprimindo os cartaces que estarán enwww.queremosgalego.org ou en www.amesa.gal, e colándoos onde che for posíbel, na túa rúa, centro de traballo, centro de ensino, no teu comercio…

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis