Noticias da Mesa

Propostas para o III Premio Abertos ao Galego

Fai a túa proposta e entrarás no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos so Galego!

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística convocou a III edición do premio Abertos ao Galego para distinguir unha empresa que faga uso normal da nosa lingua. A Mesa procura a implicación dos socios/as a través da presentación de candidaturas: podedes enviar propostas, que deberán remitirse á sede da Mesa pola Normalización Lingúística (Avenida de Lugo, 2A, Entresollado A, 15702, Santiago de Compostela) ou por correo electrónico (abertosaogalego@amesanl.org) cunha proposta que inclúa o nome e datos de contacto da empresa, xunto cunha explicación da candidatura na cal se incida no uso do galego que se fai desde a empresa candidata.

 

O prazo de presentación finaliza o 31 de outubro de 2014.

 

Para incentivar a participación, as persoas que fagan propostas entrarán no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis