Noticias Noticias da Mesa

Que facer para recibirmos notificacións en galego?

O pasado 5 de abril facíase pública unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola que se obrigaba a Facenda a retrotraer ao inicio unha serie de acción cometidas contra un cidadán que reclamara ser notificado en galego en todo o proceso.

Esta sentenza, gañada a través dos servizos xurídicos da Mesa pola Normalización Lingüística, obriga ás Administracións a garantir o dereito á atención en galego e ademais terán que o facer sempre que fosen previamente advertidas. Este dereito está previsto no artigo 15.1 da Lei 39/2015 que regula o procedemento administrativo común das administracións públicas, coa advertencia de que o seu incumprimento constitúe unha vulneración dun dereito do administrado que comporta a nulidade dos actos adminitrativos que teñan lugar tras a devandita vulneración.

Para que nos atendan en galego temos que solicitalo expresamente. Se a atención é oral, debemos solicitarllo á empregada pública se non o fai de oficio. Se se trata dun procedemento ante unha administración do estado, tanto incoado de oficio como á nosa instancia, deberemos solicitalo expresamente á menor oportunidade, deixando claro que exercemos o noso dereito á escolla lingüística.

Por isto, desde a Mesa pola Normalización Lingüística animamos a cubrir o formulario dispoñíbel nesta ligazón e envialo a todas as administracións (nomeadamente as do Estado: facenda, tráfico, seguridade social…), gardando copia por se for necesario empregala para calquera reclamación posterior. Temos que ser constantes e manternos firmes na defensa do noso dereito, pois non sempre é respeitado adecuadamente o noso dereito á escolla lingüística que nos asiste como administrada, sempre cun sorriso e nunca perder a paciencia.

Mais se se comete a vulneración do noso dereito, poderemos demandar asistencia e asesoramento legal á Liña do Galego, un servizo gratuíto que presta A Mesa pola Normalización Lingüística.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis