Noticias da Mesa

Queremos Galego anima a cidadanía da Coruña a participar na manifestación do domingo 27 para exixir a derrogación do Decreto de Plurilingüismo

Isabel Risco e Yolanda Castaño leron o manifesto de Queremos Galego no que se exixe do Goberno galego a derrogación inmediata do mal chamado “decreto do plurilingüísmo”.

Xurxo Souto aseverou que “o galego é a pedra angular do noso patrimonio colectivo”, ao tempo que criticou a “falsidade” na que viven instalados os gobernos galego e español ao falar de “bilingüísmo harmónico”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013:- Representantes de Queremos Galego na Coruña compareceron este luns en conferencia de imprensa para dar a coñecer a manifestación que a Plataforma ten convocada o próximo domingo, día 27 de xaneiro, para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 “mal chamado de plurilingüismo” no ensino non universitario e a retirada do proxecto da LOMCE. A manifestación, que se desenvolverá baixo o lema “Queremos galego na escola. Pola lingua que nos une”, sairá da Alameda de Compostela ás 12:00 horas.

 

A actriz Isabel Risco e a escritora Yolanda Castaño foron as encargadas de dar lectura ao manifesto de Queremos Galego no que se exixe do Goberno galego a derrogación inmediata do mal chamado “decreto do plurilingüísmo” e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o consenso acadado para o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado unanimemente polo Parlamento de Galiza no ano 2004, sendo de aquela Alberto Núñez Feijóo vicepresidente da Xunta.

 

Un “auténtico decretazo” que, lembraron, xa conta con varias sentenzas en contra do Tribunal Superior de Xustiza, que mesmo indicou ao Goberno da Xunta que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país, de acordo co estabelecido na Lei de Normalización Lingüística.  

 

Neste senso, o polifacético artista Xurxo Souto aseverou que “o galego é a pedra angular do noso patrimonio colectivo”, ao tempo que criticou a “falsidade” na que viven instalados os gobernos galego e español ao falar de “bilingüísmo harmónico”. “Todos e todas sabemos que a situación do galego é unha situación de diglosia clásica en todos os sectores. E contra disto, témonos que revolver”.

 

O artista coruñés lembrou que a través da súas políticas lingüísticas, tanto o Goberno galego como o español, “están negando aos nenos e nenas de Galiza a posibilidade de coñecer a súa propia realidade”. Fronte a isto, desde a Plataforma Queremos Galego reclámase a Xunta que garanta a educación en galego na educación infantil para os/as cativos/as galegofalantes, pondo especial atención na incorporación a este idioma por parte do alumnado residente en contextos familiares castelanófonos; que garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en todos os niveis formativos; que non se prohiba a impartición de ningunha materia na nosa lingua; e que se desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educativos teña plenas competencias para desenvolver a súa actividade profesional en galego.

 

Para dar a coñecer a convocatoria e animar a cidadanía a participar da mesma, mañá martes vaise realizar un reparto de follas informativas en distintas rúas da Coruña, ás 18:30 horas.

 

Así mesmo, Queremos Galego porá autobuses para acudir a manifestación dende as cidades e vilas, que no caso da Coruña sairán o domingo ás 10:30 horas da Praza da Palloza. A xente interesada en facer uso deste servizo terao que comunicar previamente ao correo-e acorunha@queremosgalego.org ou chamando ao teléfono 981 1692 93.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis