Noticias da Mesa

Queremos Galego celebra o plenario nacional para preparar a grande manifestación do 27 de xaneiro a favor da lingua que nos une.

O plenario será un impulso ás iniciativas da plataforma para derrogar o decretazo e parar o proxecto de lei da wertgoña.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O sábado 15 de decembro ás 12, na Galería Sargadelso de Santiago terá lugar o plenario de Queremos Galego que servirá para levar adiante en todas as comarcas galegas o calendario de mobilización previsto pola plataforma cidadá para exixir a derrogación do decretazo contra o galego e a retirada da Lei da wertgoña que entre outra medidas lesivas para o ensino público pretende excluir o galego, o vasco e o catalán do sistema educativo de cada unha destas nacións.

 

As accións que xa está a levar adiante Queremos Galego, como a recollida de sinaturas “Queremos galego na escola”, continuarán coa grande manifestación pola nosa lingua que sairá da Alameda de Santiago de Compostela o 27 de xaneiro.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis