Noticias da Mesa

Queremos Galego Deza chama á mobilización pola nosa lingua

A plataforma Queremos Galego do Deza presentou a mobilización que terá lugar o 17 de maio e que sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 da mañá

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Diante do mural da rúa Santa Olaia de Silleda que conmemora o aniversario de Rosalía de Castro membros de diversos colectivos: Coto do Castelo de Graba (Silleda), Adellís (Silleda) A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG,  todos integrantes de Queremos Galego Deza, fixemos a presentación da mobilización pola lingua, escollendo este lugar para reivindicar a figura de Rosalía de Castro, no 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, verdadeiro punto de inflexión para a nosa literatura e cultura, así coma para o noso pobo, mais que vemos que pouca ou ninguna atención se lle deu desde as institucións.

 

Cabe salientar a presenza dun membro do colectivo educativo da comarca, neste caso o director do CEIP da Bandeira (Silleda). O centros de ensino son, en todo o país en xeral, e na comarca en particular, os mellores espazos para dar a coñecer a nosa cultura, lingua e pobo, e facer que o alumnado se sinta orgulloso do seu, orgulloso do galego,  malia os moitos atrancos que se poñen desde as institucións, especialmente con leis manifestamente desgaleguizadoras coma a LOMCE, así coma o decreto pretendido pola Xunta, que mingua o uso do galego no ensino ao mínimo, retrocedendo máis de 30 anos na normalización do idioma e hipotecando a unha xeración que pouco ou nada coñecerá do galego. Este decreto pasa por ter un triste record: ser o primeiro en todo o Mundo que fai un goberno contra o seu propio idioma.

 

Con todo, cabe salientar que o devandito decreto antigalego se paralizou, polo momento, grazas á masiva mobilización que levamos a cabo en xaneiro, polo que está claro que si se pode, que si podemos virar os ataques contra o noso idioma, máxime ante unhas institucións que condenan a unha xeración ao descoñecemento do galego, convirtíndoas en estranxeiras na súa propia patria e que somentes  poderemos parar se ateigamos as rúas de Compostela berrando polo noso idioma.

 

Por último cabe salientar cabe dicir que alén dos colectivos presentes na presentación en Silleda, Queremos Galego Deza está integrado por outros sete de toda da comarca que non puideron acudir, mais  que apoian, difunden e colaboran co obxectivo común da posta en valor da cultura e a lingua galega.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis