A Mesa pola Normalización Lingüística

Queremos Galego organiza este 16 de maio na Estrada un pasarrúas e unha mesa redonda

O acto celebrarase o vindeiro 16 de maio ás 20:30 na Sala de Exposicións de NovaGalicia Banco
Con anterioridade, desde o pedrón de Marcial Valladares na Alameda, está previsto realizar un pasarrúas pola Estrada até a praza da Farola, con paradas en lugares emblemáticos da nosa historia e cultura, e co recital de poemas sobre a nosa lingua. Este acto dará comezo ás 19:00 h.

Por primeira vez desde que se instaurou o réxime democrático atopamos unha involución lexislativa e ideolóxica contra a lingua galega. O ensino, que debe ter unha función compensadora e correctora das desigualdades e inxustizas sociais, pretende o goberno que reproduza os prexuízos e exclusións que sofre a lingua propia e minorizada. Prohíbese expresamente dar aulas na nosa lingua nalgunhas materias, precisamente aquelas máis prestixiadas das áreas científicas, dando creto e respaldo ás falacias que os grupos ultras estiveron sostendo en continuación co discurso racista implantado e inoculado durante décadas polo franquismo contra o galego. Por iso, consideramos necesario avaliar e debater o labor do ensino nestas circunstancias e analisar os efectos das agresións que está a recibir a lingua continuamente desde a Xunta de Galiza, explorando vías de resposta e resistencia que contribúan a superar a situación que padece o noso idioma nestes momentos de acoso. Desde “Queremos Galego!” da Estrada vaise organizar unha mesa redonda cos membros dos Equipos de Dinamización da Lingua dos centros da comarca co fin de escoitar as achegas das persoas que directamente están a traballar pola lingua no ensino e contribuír ao debate sobre o que está acontecer nestes momentos. O acto celebrarase o vindeiro mércores 16 de maio ás 20:30 na Sala de Exposicións de Novagalicia Banco.  Con anterioridade, desde o pedrón de Marcial Valladares na Alameda, temos previsto realizar un pasarrúas pola Estrada até a praza da Farola, con paradas en lugares emblemáticos da nosa historia e cultura, co recital de poemas sobre a nosa lingua. Este acto dará comezo ás 19:00 h.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra