Noticias Noticias da Mesa

Reclamámoslle ao alcalde de Ourense que “deixe atrás o autoodio” e cumpra co seu deber de defensa e promoción do galego

Manuel Carniceiro recoméndalle a Xácome a lectura e aplicación da Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade en defensa da lingua 

Ourense, 8 de outubro de 2019.- A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta mañá os continuos ataques á lingua galega realizados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, desde a súa toma de posesión. Para A Mesa, declaracións como as realizadas con motivo do pregón das festas de San Francisco, cando comezou dicindo “vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego”, son absolutamente vergoñentas e impropias do máximo representante da terceira cidade galega.
“O rexeitamento da lingua galega como sinal máis característico de Ourense, unha das principais capitais galegas”, o responsábel da Mesa en Ourense, Manuel Carniceiro, “é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio da principal referencia institucional da cidade”. “Se actúa así nalgo tan básico e elemental como a lingua”, pregúntase Carniceiro, “como será no resto de cuestións que afectan á cidadanía?”.
A denuncia desta mostra de odio á lingua galega está a ser tramitada a través do servizo A Liña do galego, que xunto á Valedora e a Secretaría Xeral de Política Lingüísitica, se dirixirá directamente á propia alcaldía para que a rectificación teña consecuencias prácticas a través do cumprimento das obrigas de promoción e defensa da lingua galega á que están obrigados todos os poderes públicos de Galiza.

A este respecto, o responsábel da Mesa na cidade recoméndalle ao alcalde “como bo tratamento para deixar atrás o autoodio” que lea e aplique a Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade e enviada a todas as concelleiras e concelleiros eleitos no pasado mes de maio, incluído o propio Xácome.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis