Noticias da Mesa

Reclamar atención en galego é garantir emprego en Galiza

A Mesa pola Normalización Lingüística participou nas convocatorias das traballadoras e traballadores dos servizos de teleatención e mostra a súa solidariedade coas afectadas e afectados polo ERE en Extel

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Extelmani A Mesa pola Normalización participou na xornada de folga nos servizos de teleatención, un sector que en Galiza só no periodo 2010-12 reducíu en 2000 o número de empregos a consecuencia dos despedimentos e da deslocalización. Esta situación teríase evitado se as empresas garantisen o dereito a sermos atendidos e entendidos en galego.

Ao solicitarmos ser atendidas e atendidos en galego podemos recuperar o tempo perdido. Temos dereito a falar na nosa lingua en todos os ámbitos da nosa vida. Temos dereito a que nos servizos de atención á clientela traballe xente que nos entenda e atenda en galego. En galego creamos emprego en Galiza.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis