Noticias Noticias da Mesa

Recordamos que a boa disposición das plataformas respecto da igualdade lingüística é positiva, pero insuficiente

Perante a declaración conxunta ofrecida polas plataformas de vídeo, en resposta ao debate social sobre a nova Lei do Audiovisual do Estado, dende A Mesa pola Normalización manifestamos a nosa satisfacción pola boa disposición de Netflix, Filmin e Prime Video a dobrar e subtitular os produtos do seu catálogo ao galego, o euskara e o catalán.

Porén, o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, recorda que “a lei debe garantir que, cando haxa versión dobrada. sexa en todas as linguas oficiais e estabelecer un periodo transitorio con incentivos até chegar ao 100% da oferta”. “Se é necesario”. anuncia Maceira, “chamaremos á intensificar a mobilización para que o goberno do Estado garanta para todas as linguas o que para o español garante desde 1941”.

“A mobilización social a través de actos deslocalizados por toda a xeografía galega, a recollida de sinaturas e as acción da Mesa perante institucións e partidos”, recorda Maceira, “comezan a dar resultados, embora insuficientes“.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis