Noticias da Mesa Vigo

SANIDADE.- Grave caso de discriminación lingüística nun centro hospitalario de Vigo

O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego

A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de ter coñecemento dun novo caso de discriminación e vulneración de dereitos lingüísticos a un cidadán galegofalante no ámbito da sanidade, acontecido no Hospital Nosa Señora de Fátima de Vigo, de carácter privado mais cun convenio co Servizo Galego de Saúde.

A través da Liña do Galego, un servizo da Mesa dirixido a toda a cidadanía para informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos e tramitar consultas ou queixas neste ámbito, un doente informou  de que desde o citado Hospital de Fátima non se lle quixo facilitar un exemplar en galego do documento de consentimento para o tratamento de datos persoais, como paso previo a unha intervención cirúrxica á que este cidadán se ten que someter nese centro logo de que o propio SERGAS o derivase para este hospital.

Inicialmente, cando o doente solicitou poder dispor do documento en galego antes de o asinar, desde o Servizo de Atención ao Doente indicáronlle que non dispuñan dese modelo de documento en galego e que, ademais, “legalmente non estaban obrigados a dispor del”.

A situación tornouse moi grave cando, ao o doente insistir en que só asinaría o documento de consentimento se estaba en galego porque sabía que estaba no seu dereito, desde o mesmo Servizo o advertiron, literalmente, que “ou asinaba o documento tal e como estaba, en castelán, ou ben non podería ser operado no centro”.

Soamente cando o cidadán afectado indicou que poría esta desagradábel situación en mans da súa avogada e en coñecemento da opinión pública, desde o Servizo de Atención ao Doente puxérono en contacto coa dirección médica do hospital, que se comprometeu a buscar co SERGAS unha solución ao conflito.

A Mesa valora este novo caso de discriminación lingüística no ámbito da sanidade como “especialmente grave” e exixe da Consellaría de Sanidade unha “inmediata investigación” que se traduza de contado na “aplicación das medidas necesarias” para garantir que o uso do galego polas ou polos doentes non se teña que ver convertido sempre “nunha auténtica carreira de obstáculos”, e menos “perante situacións tan delicadas como unha intervención cirúrxica”.

A asociación cidadá en defensa do galego reclama tamén á consellaría dirixida por Rocío Mosquera que, no entanto existan os concertos con centros médicos privados, Sanidade “actúe” para garantir que nos mesmos sexa respectada a lexislación e os dereitos lingüísticos, tanto dos doentes como do persoal, “exactamente ao mesmo nivel que na rede de centros públicos” e para que a lingua propia de Galiza “deixe de ser unha lingua de segunda no ámbito sanitario”.

A Mesa, por último, anima a todas as persoas sensibilizadas coa diversidade lingüística e cultural e contrarias a calquera tipo de discriminación a dirixiren correos electrónicos á dirección do Hospital Nosa Señora de Fátima para, coa debida corrección, recordarlles que o galego é unha lingua plenamente oficial e que na nosa sociedade xa non teñen cabida comportamentos discriminatorios impropios deste século.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang