Noticias Noticias da Mesa

Santiago votará este xoves por unanimidade a moción Xabarín 2.0 polo galego na Lei do Audiovisual

O Concello de Santiago votará este xoves pola tarde, por unanimidade, a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado. Unha vez aprobado, o texto será remitido á Secretaría de Estado de telecomunicacións, instándoa a que a nova Lei de Comunicación Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións nas canles de televisión liñais e baixo demanda. A moción tamén considera remitirse á dirección de RTVE, para que emita todos os seus contidos en versión dobrada ao galego, nomeadamente na canle infantil e xuvenil, cumprindo así o seu propio mandato marco.

Santiago de Compostela será o primeiro concello en debater e aprobar por unanimidade esta moción, que será presentada e debatida en todos os concellos galegos. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, advirte que “é da máxima relevancia para o futuro da lingua galega” que a nova Lei do Audiovisual inclúa a demanda unánime do Parlamento Galego e as alegacións presentadas pola entidade de defensa da lingua, baseadas neste acordo parlamentar. “Cómpre actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente”, recorda, “e que, ao tempo, é un dos máis empregados polo público en xeral e pola mocidade e pola infancia e particular”. “Estes dous elementos converxen nun sector como audiovisual galego de calidade demostrada e gran capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural e económico do noso país”, conclúe Maceira.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que dos 25872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. “Esta oportunidade de mudalo é única”, remata Maceira, “o pobo galego unido é imparábel. Afrontamos esta oportunidade nas mellores condicións posíbeis: cun acordo unánime das forzas políticas e sociais galegas. A unidade é garantía de éxito.”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis