A Mesa pola Normalización Lingüística

Superoito, Monoulious Dop e Quempallou, gañadores do Cantalingua 2014

O alumnado de diferentes centros de ensino escolleu estes grupos para protagonizaren as actuacións do Correlingua, que percorrerá Galiza entre o 5 e 16 de maio.

Xa temos gañadores da edición 2014 do Cantalingua, concurso musical no que o alumnado de diferentes centros de ensino escollen os grupos que actuarán nos Correlingua que percorrerán Galiza entre o 5 e o 16 de maio. Superoito, Monoulious Dop e Quempallou son os grupos gañadores do Cantalingua 2014.

Desde a organización do Correlingua queremos agradecer dun xeito especial ao alumnado e profesorado do IES de Arzúa, do IES Vicente Otero Valcárcel de Carral, do IES Joham Carballeira de Bueu e do IES Pino Manso de Vigo pola súa colaboración no desenvolvemento deste concurso, e polo interese que mostraron en todos e cada un dos solistas, grupos e temas que se presentaron. 

Podedes escoitar e descargar os temas gañadores desde estas ligazóns:

Superoito

Monoulious Dop

Quempallou

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra