Noticias da Mesa

Termos o Twitter en galego depende de ti!

A versión en galego de Twitter precisa máis tradutoras e tradutores.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O pasado mes de setembro Twitter “aceptou” a petición de milleiros de usuari@s galegos que exixiamos podermos empregar esta rede social na nosa lingua. O Centro de Tradución de Twitter incorporou así o galego entre as novas linguas dispoñíbeis para a tradución do seu sistema.

Porén esta incorporación non foi máis que o inicio do camiño e non garante por si mesma que nas próximas actualizacións de Twitter contemos cunha versión en galego. Ao contrario do que acontece con outras redes sociais como Tuenti, que contan con tradutores/as profesionais que se encargan das súas versións nas diferentes linguas, a política de Twitter obriga a que sexan usuari@s voluntari@s da propia rede social quen se encarguen de levar a termo a tradución.

Deste xeito, “permítese” que as comunidades de usuarios poidan traducir voluntariamente as cadeas do texto desta plataforma de xeito colaborativo, propondo traducións e votando as traducións doutros usuarios, de xeito que se a comunidade concluír o traballo na vindeira actualización de Twitter poderiamos gozar da súa interface en galego.

Este proceso xa está en marcha grazas aos voluntari@s que de forma desinteresada se puxeron mans á obra desde o primeiro momento, mais para rematar a tradución e podermos gozar do Twitter na nosa lingua cómpren máis mans neste labor colectivo.

É, por tanto, moi importante que tod@s nos impliquemos no proceso. Para nos facermos tradutores/as temos que:

1) Entrar desde a nosa conta no Centro de Tradución do Twitter

2) Aceptar as condicións (“Translation Agreement”).

3) Escoller a lingua para traducir (“Choose your language”: Galician/Galego)…

E xa podemos comezar. Cantas máis persoas traballemos na tradución máis garantías de éxito teremos!

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis