Noticias Noticias da Mesa

Tiktokers galegofalantes animan as súas seguidoras e seguidores a participar na manifestación do 17 de maio “por un novo futuro para a lingua”

Unha ducia de tiktokers que crean contido na nosa lingua publicaron hoxe un vídeo conxunto animando ás preto de 100.000 persoas que as e os siguen na rede social TikTok a participar na manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego o 17 de maio ás 12h, na Alameda de Santiago de Compostela, “por un novo futuro para a lingua”.

https://www.tiktok.com/@sarasecorial/video/7096462442263317765

A burelesa @paulablackmakeuplover abre o vídeo denunciando “estamos fartas de que recibir odio por facer contido en galego”, ao que @Letidataberna engade “queremos TikTok en galego agora e sempre” e @patribdopazo mais a súa avoa rematan “queremos un novo futuro para a nosalingua”. “Por iso nos manifestamos o 17 de maio”, explica @rodrimiguez. “Ás 12 da mañá na alameda de Santiago de Compostela”, engade @cousasrarisimas. @olaxonmario recorda que “para facilitar a asistencia haberá buses a 5 euros” e @josannl apunta que sairán “os buses sairán desde a Mariña, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense”. Como apunta @irisgestoso, a información está dispoñíbel en queremosgalego.gal. Pechan o vídeo @pradorua, @todomal.va, @cessarrg e @sarasecorial afirmando que un novo futuro para a nosalingua é posíbel e que, por iso, cómpre acudir á manifestación do 17 de maio en Compostela.

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, fixo público onte pola tarde o manifesto En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua. O texto recorda que a situación do galego non é irreversível e que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua, mais tamén salienta que cómpre que o goberno galego abandone o desprezo polo idioma e garanta presenza e dispoñibilidade en todo e para todo. “O novo presidente da Xunta ten que abandonar a política de agresión sistemática ao galego e comezar a participar dos esforzos que día a día fai a sociedade”, afirma o manifesto. “A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza”, engade. “O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia”, sentencia.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis