Noticias da Mesa

Un novo caso de discriminación ao galego

A Consellaría de Educación só emprega o castelán nun curso de formación

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Chegou á Mesa pola Normalización Lingüística unha nova queixa sobre o uso do idioma, esta vez, nun curso en Platega (Plataforma de Teleformación Galega) ofertado pola Consellaría de Educación da Xunta.

Unha profesora matriculouse no curso “A creatividade desde a intelixencia emocional” pero atopouse con que o material está totalmente en castelán. A pesar da súa mensaxe preguntando se todos os bloques do curso ían ser en castelán, contestáronlle que non o sabían mais que ela podería facer os exercicios en galego.

Desde o Centro Autonómico de Formación e Innovación contestáronlle á queixa pedíndolle desculpas polas molestias e argumentando que non foi posíbel a tradución do actual curso nesta edición e que a gran demanda fixo que se ofertase igualmente sen ter en conta a discriminación lingüística que iso supón.

A propia Xunta de Galiza incumpre a Lei de normalización lingüística de 1983, artigo 4, no que se acredita que “o galego, como lingua propia de Galiza, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma”. Ao mesmo tempo, tamén se incumpre o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo que no seu artigo 3 di que “na administración educativa propia de Galiza e nos centros de ensino sostidos con fondos públicos utilizarase, con carácter xeral, a lingua galega e fomentarase o seu uso oral e escrito (…)”.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis