Noticias da Mesa

Unha empresa concesionaria da Consellaría de Educación négase a entregar formularios en galego ao profesorado

A empresa SHE-Herencia responde ás solicitudes de envío da información en galego que no contrato que asinaron coa Xunta “no figura por ninguna parte que debamos de (sic) enviarle la información en gallego”

Marcos Maceira, presidente da Mesa: “A Xunta paga con diñeiro público a exclusión da nosa lingua e a vulneración do marco legal”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014.- O profesorado admitido no programa PIALE (Programa de aprendizaxe integral de linguas estranxeiras), organizado e financiado integramente pola Xunta de Galiza, está a recibir estes días un correo electrónico da empresa subcontratada polo Goberno galego para xestionar o programa. A primeira sorpresa dos docentes foi que lles chegase á súa caixa de correo unha comunicación “só en castelán, en que se excluía totalmente o idioma galego, tanto na mensaxe como no formulario que lles solicitaban que cubrisen”.

Tras a solicitude por parte dalgúns participantes de que se encamiñase esa información no idioma de Galiza, a resposta da compañía concesionaria, SHE-Herencia, foi que “esta empresa tiene su sede central en Madrid” e que asinaron un contrato coa Xunta “donde no figura por ninguna parte que debamos de [sic] enviarle la información en gallego”, razón pola cal non van facilitar nin a comunicación nin os fomularios neste idioma.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, afirma que “o máis grave de todo isto é que se está a pagar con diñeiro público a exclusión da nosa lingua” e pregúntase “como é posíbel que o Goberno galego non reclame ás empresas que reciben diñeiro público que cumpran co marco legal vixente desde hai trinta anos, dentro do cal está o recoñecemento da oficialidade do galego”.

Maceira lamenta que “son os cidadáns de a pé os que teñen que reclamar o cumprimento da oficialidade do galego, ante unha Administración que non só non o fai, senón que anima á continuada vulnearción deste marco legal”. Así mesmo, o portavoz da maior asociación cultural de Galiza sinala que van estudar “todas as medidas que estean na nosa man, sen descartarmos mesmo as xudiciais, para non permitirmos esta vulneración dos nosos dereitos lingüísticos por parte da mesma Xunta que ten a obriga legal, mesmo estatutaria, de defendelos”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang