Noticias da Mesa

Xa están á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa xoga este ano o número 25.548, en participacións de 2,50 euros. Dous euros xóganse nese número para o sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal e 0,50 euros son para participar no sorteo dunha noite para dúas persoas en Budiño de Serraseca Turismo Rural, unha das empresas de Abertos ao Galego.

Para comprares participacións, podes pasar polo local nacional da Mesa (Avenida de Lugo, 2A – entresollado A, de Santiago de Compostela) ou preguntares á ou ao responsábel da Mesa na túa zona (para máis información podes escribir ao correo amesa@amesa.gal).

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis