Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Maria Sonia Fernandez Lorenzo · 7970
    Hai 4 anos · Informática · Barbadás
  2. Beatriz Vilaverde Santamariña · 7969
    Hai 4 anos · A Coruña
  3. Héctor Pazos · 7968
    Hai 4 anos
  4. Moisés Rivadulla Fernández · 7967
    Hai 4 anos · Tradutor · Santiago de Compostela
  5. Roberto Parracía · 7966
    Hai 4 anos · Comunicacion · Vigo
  6. Marcial López Monteiro · 7965
    Hai 4 anos · Tradutor · Vilanova i la Geltrú (nado en Pantín)
  7. Patricia Varela Fernández · 7964
    Hai 4 anos · Docente · A Coruña
  8. Nuria Pampín Rey · 7963
    Hai 4 anos · FOTÓGRAFA · Lira, Carnota
  9. Claudia Mendez · 7962
    Hai 4 anos · Santiago
  10. Ana Gay Novoa · 7961
    Hai 4 anos
  11. Marcos Méndez Mundiña · 7960
    Hai 4 anos · Informática · A Coruña
  12. Catuxa Gontá Taboada · 7959
    Hai 4 anos · Estudante · Teo
  13. Manuela Rodríguez Pumar · 7958
    Hai 4 anos · Administrativa · Gondomar
  14. Xosé Lois Moreda Rodríguez · 7957
    Hai 4 anos · Sector público · Foz
  15. Iria viñas Abal · 7956
    Hai 4 anos · Azafata · Pontevedra

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra