Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Antía Vázquez Figueiras · 8045
    Hai 4 anos · Empresaria · Chantada
  2. Jacobo Martínez Casal · 8044
    Hai 4 anos · Publicista · Vigo
  3. Xerardo Rodríguez Roca · 8043
    Hai 4 anos · Xubilado · Compostela
  4. Borja Monteagudo Fernández · 8042
    Hai 4 anos · Vilagarcía de Arousa
  5. Alba Diaz Varela · 8041
    Hai 4 anos · Economista · Santiago
  6. Pablo Arcos Nieto · 8040
    Hai 4 anos · Estudante · Ourense
  7. Cristina Vázquez · 8039
    Hai 4 anos
  8. Exequiel Elias Briozzo Obaid · 8038
    Hai 4 anos · Fisioterapeuta · A Coruña
  9. Bárbara Teijeira Martínez · 8037
    Hai 4 anos · Empresa · Foz
  10. Sergio Mosteiro · 8036
    Hai 4 anos · Compostela
  11. Beatriz Garrido Rodríguez · 8035
    Hai 4 anos · Profesora · Ourense
  12. Ana Belen Fernández Jorge · 8034
    Hai 4 anos · Psicologa · Chantada
  13. Ana María Pazo Blanco · 8033
    Hai 4 anos · Xubilada - Sanidade · S.de Compostela
  14. Cristina Hermida Moinelo · 8032
    Hai 4 anos · Vigo
  15. Isaac Eiriz Nevado · 8031
    Hai 4 anos · Carteiro · Chantada

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra