Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Montse Nóvoa Gómez · 8060
    Hai 4 anos · Seixalbo
  2. Marta Dacosta Alonso · 8059
    Hai 4 anos · Escritora · Gondomar
  3. Dores Vidal · 8058
    Hai 4 anos · A Estrada
  4. Antón Dobao · 8057
    Hai 4 anos · Escritor · Teo
  5. Celia Armas García · 8056
    Hai 4 anos · Profesora · A CORUNA
  6. Anxa Otero Erias · 8055
    Hai 4 anos · Arquitecta · Betanzos
  7. Amara García Adán · 8054
    Hai 4 anos · Estudante · Vigo
  8. Roberto Tizón Miguens · 8053
    Hai 4 anos · Funcionario · A Coruña
  9. Nélida Cosme Abollo · 8052
    Hai 4 anos · A Coruña
  10. Paula Lareu Uzal · 8051
    Hai 4 anos · A Coruña
  11. Jose Berdullas Barreiro · 8050
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  12. Pedro Castro Fernandez · 8049
    Hai 4 anos · Estudante · Ourense
  13. Irene Doval Marcos · 8048
    Hai 4 anos · Vilagarcía
  14. Jose Antonio Carames Rios · 8047
    Hai 4 anos · Ensino · Perillo
  15. Bieito Lobeira Domínguez · 8046
    Hai 4 anos · Marín

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra