Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Salomé García Gómez · 8120
    Hai 4 anos · Santiago
  2. Mercedes Soto Lamas · 8119
    Hai 4 anos · Xubilada do ensino · As Pontes Coruña
  3. Nuria Barrio Pena · 8118
    Hai 4 anos
  4. Emanuel Salgueiro Álvarez · 8117
    Hai 4 anos · Médico · Santiago de Compostela
  5. Martín Ayguadé Antela · 8116
    Hai 4 anos · Estudante de Ilutración e Banda Deseñada · Ponteareas
  6. Lucia · 8115
    Hai 4 anos · Autonoma · Castroverde
  7. Isabel · 8114
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  8. Cibran Feijoo Formoso · 8113
    Hai 4 anos · Banca · Vigo
  9. Mar Hermida Pico · 8112
    Hai 4 anos · Docente. · A Coruña
  10. Eduardo Rey Porto · 8111
    Hai 4 anos
  11. David Carreira López · 8110
    Hai 4 anos · Estudante · Lugo
  12. Noelia González · 8109
    Hai 4 anos · Estudante · Caldas de Reis
  13. Brais Rocha Moldes · 8108
    Hai 4 anos · Estudante · As Neves
  14. Ángela María Mariño Varela · 8107
    Hai 4 anos · Profesora · Santiago
  15. Serxio Gómez Vázquez · 8106
    Hai 4 anos · Funcionario · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra