Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Xoán Bautista Mariño Abuín · 8135
    Hai 4 anos · Docente · Dodro
  2. Sergio Ocampo González · 8134
    Hai 4 anos · Banda Deseñada e Ilustración · Ponteareas
  3. Alejandro Piñón Rodríguez · 8133
    Hai 4 anos · Narón
  4. Fernando Pereira González · 8132
    Hai 4 anos · Bibliotecario · A Coruña
  5. María Doval Marcos · 8131
    Hai 4 anos · Vilagarcía
  6. Lidia Cabada Rodríguez · 8130
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  7. Ana Isabel Gonzalez Fontela · 8129
    Hai 4 anos · Analista · Caldas de Reis
  8. Rosa Mar Blanco Castaño · 8128
    Hai 4 anos · - · dodro
  9. Pilar Pena Toribio · 8127
    Hai 4 anos · A Coruña
  10. Jorge Vicente Diaz · 8126
    Hai 4 anos · Desenhador Grafico · Londres
  11. Emilio González Avión · 8125
    Hai 4 anos · docente · Vigo
  12. Sonia Quiroga · 8124
    Hai 4 anos · Enxeñeira · Chantada
  13. Borja Giraldez Gonzalez · 8123
    Hai 4 anos · Informático · Baiona
  14. Zeltia Iglesias Rodríguez · 8122
    Hai 4 anos · Estudante · Rois
  15. Máximo Fernández Márquez · 8121
    Hai 4 anos

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra