Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Lino perdiz alvarez · 8150
    Hai 4 anos · Transporte · Muiños
  2. María A. Traveso Lago · 8149
    Hai 4 anos · Autónoma · Corcubión
  3. Zintia Costas Domínguez · 8148
    Hai 4 anos · Profesora · Nigrán
  4. Froilan Pallin Seco · 8147
    Hai 4 anos · Secretario Xeral de ADEGA · Lugo
  5. Raquel Pérez Fernández · 8146
    Hai 4 anos · Vigo
  6. Silvia Iglesias Alonso · 8145
    Hai 4 anos · Profesora · Vigo
  7. A. Bravo · 8144
    Hai 4 anos · Nena · Baiona
  8. Antonio Molexón Domínguez · 8143
    Hai 4 anos · Autónomo · A Coruña
  9. José luis · 8142
    Hai 4 anos · Electricista · La oliva
  10. Pedro Iglesias Fernández · 8141
    Hai 4 anos · Músico e deseñador · O Porriño
  11. Ignacio Soto Iglesiad · 8140
    Hai 4 anos · Médico · Coles
  12. Karina Pereira Rei · 8139
    Hai 4 anos · Estudante · A Coruña
  13. Xavier Rúa · 8138
    Hai 4 anos · Ourense
  14. Leandro lamas Hermida · 8137
    Hai 4 anos · Pintor · Neda
  15. Jorge Gamallo Santos · 8136
    Hai 4 anos · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra