Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Dolores Fernández Sotelo · 8165
    Hai 2 anos · Ourense
  2. María Prieto · 8164
    Hai 2 anos · Técnico de raios · Vigo
  3. David Rodríguez Rodríguez · 8163
    Hai 2 anos · Deseñador gráfico. · Vigo
  4. Lidia Fariña Piñeiro · 8162
    Hai 2 anos · Xubilada · Vigo
  5. Laura López Legaspi · 8161
    Hai 2 anos
  6. Diego Sanmartín Prieto · 8160
    Hai 2 anos · Estudante · A Coruña
  7. José António González Maceiras "Muros" · 8159
    Hai 2 anos · Autonomo · Louro Muros
  8. Eva Guede Cruz · 8158
    Hai 2 anos · Santiago
  9. Uxío Zabala Iglesias · 8157
    Hai 2 anos · Funcionario · Vigo
  10. Laura Rodríguez · 8156
    Hai 2 anos · Decoración · Lugo
  11. Virginia Vilar Agra · 8155
    Hai 2 anos · Arzúa
  12. Luís Vilachá · 8154
    Hai 2 anos · ONGs · Bruxelas
  13. Maria Isabel Recarey Linares · 8153
    Hai 2 anos · Funcionaria · Chantada
  14. Olaia Yasnín Vilasuso Piñón · 8152
    Hai 2 anos
  15. Isabel Martínez-Risco Valdivieso · 8151
    Hai 2 anos · Actriz · A Corunha

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra