Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Xose Barreiro Perez · 8195
    Hai 4 anos · Funcionario · Vilaboa
  2. Rosa Mari Glez Carrera · 8194
    Hai 4 anos · Profesora · O Barco de Valdeorras
  3. Alberto Gutiérrez Barral · 8193
    Hai 4 anos · Biólogo · Ribeira
  4. Adrián Fernández García · 8192
    Hai 4 anos · Milladoiro, Ames, A Coruña
  5. Jose Diaz · 8191
    Hai 4 anos · Empresario · Lugo
  6. Laura Ponte actriz · 8190
    Hai 4 anos · Teatro.Cine.Tv. · Ames
  7. Anna Rodríguez · 8189
    Hai 4 anos · Mestra · Bertamiráns
  8. Gabriela Fernández García · 8188
    Hai 4 anos · Finanzas · Haverhill
  9. Paloma Arconada Segura · 8187
    Hai 4 anos · Caldas de Reis
  10. Laura Pérez Orosa · 8186
    Hai 4 anos · Vilalba
  11. Luís Gonçales Blasco · 8185
    Hai 4 anos · Pensionista · Eira-Pedrinha / Bugalhido / AMES
  12. Adrián González García · 8184
    Hai 4 anos · Profesor · Melide
  13. Carlos Jiménez Díaz · 8183
    Hai 4 anos · Locutor de Radio · As Cortes-Ames
  14. Paula Ferro Borrajo · 8182
    Hai 4 anos · Vigo
  15. Xosé Carlos Solla Lago · 8181
    Hai 4 anos · Xubilado · Vigo.-

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra