Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Juan Manuel Lorenzo Búa · 8210
    Hai 2 anos · Comunicación · Vilagarcía de Arousa
  2. Antia Rodríguez Fernández · 8209
    Hai 2 anos · Autonoma · Santiago de Compostela
  3. Beatriz Fernández Barciela · 8208
    Hai 2 anos · Profesora · Vigo
  4. Mercedes Espiño Amil · 8207
    Hai 2 anos · Xubilada · Santiago de Compostela
  5. Lucía Cernadas Varela · 8206
    Hai 2 anos · Cambre
  6. Maria Jose Sanchez Rey · 8205
    Hai 2 anos · Foz
  7. Francisco Caramés Masana · 8204
    Hai 2 anos · Facultativo · Lugo
  8. Ana María Mosquera Pérez · 8203
    Hai 2 anos · Profesora · Santiago de Compostela
  9. Nela Abella Cruz · 8202
    Hai 2 anos · mestra xubilada · Castiñeiras (Ribeira)
  10. Jesús Fernández Crego · 8201
    Hai 2 anos · Vilalba
  11. Malena Tenreiro Alonso · 8200
    Hai 2 anos · Tramitación Procesual · A Coruña
  12. María Elena Barreiro Capón · 8199
    Hai 2 anos · Estudante · O Pino
  13. Cristina Asenjo Rodríguez · 8198
    Hai 2 anos · PES · Ourense
  14. Alexandre López Romero · 8197
    Hai 2 anos · Operario · Corcubión
  15. Adrián Fernández Solla · 8196
    Hai 2 anos · Vigo

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra