Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Patricia Dopico Rodríguez · 7835
    Hai 4 anos · O Burgo
  2. José Luis Pereira Romero · 7834
    Hai 4 anos · Docente · Ares
  3. Paula Casasnovas Gartin · 7833
    Hai 4 anos · ourense
  4. Jorge Manuel García Pérez · 7832
    Hai 4 anos · Técnico informático · Santiago de compostela
  5. Raquel Ramos Silva · 7831
    Hai 4 anos
  6. Juan Vázquez Rodríguez · 7830
    Hai 4 anos · Estudante · Lugo
  7. Rubén Ledo Gutiérrez · 7829
    Hai 4 anos · Vigo
  8. Álvaro Ordóñez Iglesias · 7828
    Hai 4 anos
  9. Xabier Loureiro Duarte · 7827
    Hai 4 anos · Estudante · Vigo
  10. María Tombilla Sanromán · 7826
    Hai 4 anos · Informática · Barcelona
  11. Silvia Orge Lorenzo · 7825
    Hai 4 anos · Educadora Infantil · Vigo
  12. Carlos Parrondo Reino · 7824
    Hai 4 anos · Teleoperador · A Coruña
  13. Gustavo adolfo Fernández da Ponte · 7823
    Hai 4 anos · Técnico audiovisual · Lousame
  14. Alba Méndez Gayo · 7822
    Hai 4 anos · Estudante · As Neves
  15. Antón Pintos · 7821
    Hai 4 anos · Dependente · Barcelona

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra