Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Iris María Alonso Priegue · 8240
    Hai 2 anos · Vigo
  2. Antonia Martínez Díaz · 8239
    Hai 2 anos · Mestra · Ferrol
  3. Cristina Rodríguez Costoya · 8238
    Hai 2 anos · Estudante · Monforte de Lemos
  4. Noemí García Rodríguez · 8237
    Hai 2 anos · Profesora · Lugo
  5. Tonillo Saco Rodríguez · 8236
    Hai 2 anos · Mestre · Ourense
  6. Xurxo perez gomez · 8235
    Hai 2 anos · Admtvo · Vigo
  7. Jennifer Gil Vidal · 8234
    Hai 2 anos · Canle xabarin club · A Coruña
  8. Manuel Movilla Borrajo · 8233
    Hai 2 anos · Enxeñeiro técnico agrícola · Baños de Molgas
  9. Isa Cenalmor · 8232
    Hai 2 anos · Fisioterapeuta · Bergondo
  10. Noelia Allo Rodríguez · 8231
    Hai 2 anos · A Coruña
  11. Jesús Martínez Taboada · 8230
    Hai 2 anos · Estudante en busca de emprego · A Coruña
  12. Andrea Mosteiro Sanxiao · 8229
    Hai 2 anos · Estudante · Lalín
  13. Xoan Xose Santos Costa · 8228
    Hai 2 anos · Profesor · Vigo
  14. Miguel Vázquez · 8227
    Hai 2 anos · Vigo
  15. David cores barral · 8226
    Hai 2 anos · Vilanova de arousa

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra