Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Montse Lombardía Fernández · 8255
    Hai 2 anos · Educadora infantil · Baralla
  2. Xosé Manuel Atanes Limia · 8254
    Hai 2 anos · Ensino · Vigo
  3. Jennifer Gil · 8253
    Hai 2 anos · Estudante · A Coruña
  4. Luis Novoa grañas · 8252
    Hai 2 anos · Vendedor · Ourense
  5. Lois Antón Caldeiro Lopez · 8251
    Hai 2 anos · Xornalista · Barcelona
  6. Xosé Lourenzo Vidal · 8250
    Hai 2 anos · InterLingüística · ARCADE (Soutomaior)
  7. Juan Manuel Alves Tomé · 8249
    Hai 2 anos · Profesor · URDILDE
  8. Pilar Vazquez Castro · 8248
    Hai 2 anos · Ensino · Narón
  9. Iria Taibo · 8247
    Hai 2 anos · Tradutora · Oleiros
  10. Alba Lombao Vazquez · 8246
    Hai 2 anos · Funcionaria · Cenlle
  11. Manuel Alberto Vidal Blanco · 8245
    Hai 2 anos · Xubilado · Sada
  12. Manuel González Moreira · 8244
    Hai 2 anos · Médico · Vigo
  13. Carlos Otero Portela · 8243
    Hai 2 anos · Bombeiro Forestal Conductor · Bueu
  14. Miguel Rios Torre · 8242
    Hai 2 anos · Reformado · S. de Compostela
  15. Daniel Couselo Martinez · 8241
    Hai 2 anos · Administrativo · O Pino

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra