Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Alfredo Dominguez Dominguez · 8285
    Hai 4 anos · Consultoria · Barcelona
  2. Flavia Álvarez · 8284
    Hai 4 anos · Barcelona
  3. Montse Taboada Manrubia · 8283
    Hai 4 anos · Ama de casa · A Coruña
  4. María Arca Oliveira · 8282
    Hai 4 anos · Docente · Boiro
  5. Alfonso Varela Vidal · 8281
    Hai 4 anos · Mestre · Cabana de Bergantiños
  6. Carlos Outeiro Baamonde · 8280
    Hai 4 anos · Delegado sindical · Valdoviño
  7. Maria Elena Ansia Garcia · 8279
    Hai 4 anos · O Pereiro de Aguiar
  8. Xoan GU · 8278
    Hai 4 anos · Automoción · Vigo
  9. Carlos Varela Ramos · 8277
    Hai 4 anos · Spdif · Vilatuxe
  10. Arturo Iglesias Fernández · 8276
    Hai 4 anos · Educación · A Coruña
  11. Miguel garcia · 8275
    Hai 4 anos · Quimicotraficante · Antas de ulla
  12. Purificación Cabido Pérez · 8274
    Hai 4 anos · Profesorado · Santiago
  13. Alba Zabala Rodríguez · 8273
    Hai 4 anos · Opositora docente · Vigo
  14. Carlos Gil Vidal · 8272
    Hai 4 anos · Empacador · A Coruña
  15. Clara Varela · 8271
    Hai 4 anos · Estudante · Ames

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra