Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Covadonga Rodríguez Argüelles · 8405
    Hai 4 anos · Mestra · Rianxo
  2. Concepción Martínez Taboada · 8404
    Hai 4 anos · Ourense
  3. Xosé Fernando Varela Parada · 8403
    Hai 4 anos · prexubilado · Ourense
  4. Susana Vázquez González · 8402
    Hai 4 anos · Profesora · Lugo
  5. Xosé Lois Fernández Leal · 8401
    Hai 4 anos · Xubilado · Santiago de Compostela
  6. Dolores Rosende Verdeal · 8400
    Hai 4 anos · Mestra · Vigo
  7. M.Carmen Martínez Rodiño · 8399
    Hai 4 anos · Mestra · Mosteiro - Meis
  8. Xoán Carlos Pardo Martínez · 8398
    Hai 4 anos · Docente · Carral
  9. Manuel Paradela · 8397
    Hai 4 anos · Estudante · Ourense
  10. Rocío · 8396
    Hai 4 anos · tradutora · londres
  11. Fco Javier Sanjiao Otero · 8395
    Hai 4 anos · Profesor · Compostela
  12. Lucas Otero Blanco · 8394
    Hai 4 anos · Hostelería · Bilbao
  13. Adriana Guerra Conchado · 8393
    Hai 4 anos · Mestra · Oleiros
  14. Xurxo Varela Otero · 8392
    Hai 4 anos · Estudante · Chantada
  15. Maribel Valdivieso Varela · 8391
    Hai 4 anos · Xuvilada pero en “activo”, · A Coruña

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra