Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Miguel Ángel Lis Santos · 8420
    Hai 2 anos · Bueu
  2. María Menduiña Durán · 8419
    Hai 2 anos · Arcade - Soutomaior
  3. Silvia Rañal Nodar · 8418
    Hai 2 anos · Valdoviño
  4. Isabel Domínguez Fernández · 8417
    Hai 2 anos · Limpadora · Vigo
  5. Rocío Moar Quintela · 8416
    Hai 2 anos · Ensino Secundaria · Santiago de Compostela
  6. Xiana Rico Castro · 8415
    Hai 2 anos · Investigadora predoutoral · Ourense
  7. Sergio Couso · 8414
    Hai 2 anos · Estudante · Lugo
  8. David García Pauwels · 8413
    Hai 2 anos · Mozo de almacén · Sada
  9. Nicanor Arufe · 8412
    Hai 2 anos · Xardineiro · Ames
  10. Noelia Abella Lorenzo · 8411
    Hai 2 anos · Cedeira
  11. Pilar Posse González · 8410
    Hai 2 anos · Dependenta de comercio · A Cañiza
  12. Sofía · 8409
    Hai 2 anos · Estudante · Ferrol
  13. Eva portas rey · 8408
    Hai 2 anos · Traballadora · Vilanova de arousa
  14. María Luisa Rozas García · 8407
    Hai 2 anos · Madrid
  15. Belén Pérez Aldariz · 8406
    Hai 2 anos · Docente · Lugo

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra