Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Lorena Gay Novoa · 8435
    Hai 2 anos · Chantada
  2. Maria José Agrafojo Abeijón · 8434
    Hai 2 anos · Mestra · Noia
  3. Perfecto Ramos Rodríguez · 8433
    Hai 2 anos · Xubilado · Sendelle
  4. Maria Xose Loureiro Miranda · 8432
    Hai 2 anos · Hostaleria · Londres
  5. Olalla Piñeiro Pena · 8431
    Hai 2 anos · Santiago De Compostela
  6. SILVIO FALCON RODRÍGUEZ · 8430
    Hai 2 anos · Politólogo · Barcelona
  7. Dores Mpntoua Freire · 8429
    Hai 2 anos · Administrativa · MEIS
  8. Miguel Souto Ocampo · 8428
    Hai 2 anos · Pensionista · Vigo
  9. José Francisco Méndez García · 8427
    Hai 2 anos · Bibliotecario · Santiago de Compostela
  10. Sonia Lamas Pose · 8426
    Hai 2 anos · Ames
  11. Yolanda · 8425
    Hai 2 anos · Esteticista autonomo · A Coruña
  12. Celtia Rodríguez Sedes · 8424
    Hai 2 anos · Artesá · A Coruña
  13. Marìa Vilariño Suárez · 8423
    Hai 2 anos · Docente · A Coruña
  14. pilar viqueira miranda · 8422
    Hai 2 anos · tecnica estatistica · bertamirans
  15. Fernando rosendo segade · 8421
    Hai 2 anos · Estudiante · Teo

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra