Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Antonio Prieto Cuba · 8450
    Hai 4 anos · Mestre · Vilalba
  2. Rosalía Rodríguez Cancelada · 8449
    Hai 4 anos · Eu sobrevivo e xa é dabondo · Santiago de Compostela
  3. Héctor Pardo Diéguez · 8448
    Hai 4 anos
  4. Bráulio Amaro · 8447
    Hai 4 anos · Profesor · Vigo
  5. Lucas Pardo Naval · 8446
    Hai 4 anos · Técnico de son · Ortigueira
  6. Julieta Insagaray · 8445
    Hai 4 anos · Estudante · Moaña
  7. María Fábregas · 8444
    Hai 4 anos · Animadora Turística e Sociocultural · Muros
  8. María Gómez Montenegro · 8443
    Hai 4 anos · Chantada
  9. Mónica Novo Cuñarro · 8442
    Hai 4 anos · Estudante · Lalín
  10. Pilar Rueda Soage · 8441
    Hai 4 anos · autónoma · Lugo
  11. Mar Rego Lopez · 8440
    Hai 4 anos · Bibliotecaria · Santiago de Compostela
  12. Alejandro Gómez Martínez · 8439
    Hai 4 anos · Profesor e artista visual · Ourense
  13. Sonia Iglesias Rocha · 8438
    Hai 4 anos · Educadora · As Neves
  14. Manuel Figueira Lorenzo · 8437
    Hai 4 anos · Mestre · Negreira
  15. Diego Pereira Gomez · 8436
    Hai 4 anos · Vigo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra