Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. María Álvarez Lagaron · 8495
    Hai 4 anos · MESTRA · Vigo
  2. Elena Piñeiro Nogueira · 8494
    Hai 4 anos · Cangas
  3. Alva Nieves Álvarez · 8493
    Hai 4 anos · Estudante · Vigo
  4. uxío Ferrás Sexto · 8492
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  5. Susana Sánchez Mancebo · 8491
    Hai 4 anos · Filóloga · Santiago de Compostela
  6. Adrián · 8490
    Hai 4 anos · Ourense
  7. Luis Javier Garcia Martinez · 8489
    Hai 4 anos · Contable · Vigo
  8. Estrela Ramos Abelleira · 8488
    Hai 4 anos · acuicultora · A Coruña
  9. Emma Carballal Toirán · 8487
    Hai 4 anos · Asesor · Láncara
  10. Adrián Alvarellos · 8486
    Hai 4 anos · Humorista · Vigo
  11. Paula villaverde · 8485
    Hai 4 anos · Tui
  12. Teresa Geada Geada · 8484
    Hai 4 anos · Administrativo · Gondomar
  13. Marián González Dios · 8483
    Hai 4 anos · Mestra · Ribeira
  14. Maria Noya Taboada · 8482
    Hai 4 anos · Historiadora de Arte · Santiago de Compostela
  15. Xose Anxo Montenegro Otero · 8481
    Hai 4 anos · Vigo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra