Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Noa Estévez Pérez · 8510
    Hai 4 anos · nai · Santiago de Compostela
  2. Juan Lojo Rodríguez · 8509
    Hai 4 anos · Ourense
  3. Joana Castro Andrade · 8508
    Hai 4 anos · Corcubión
  4. Fernando Chao · 8507
    Hai 4 anos · Funcionario · Santiago de Compostela
  5. Lucía Reiriz Pego · 8506
    Hai 4 anos · Ribeira
  6. Daniel Blanco Chapela · 8505
    Hai 4 anos · Profesor · Santiago de Compostela
  7. Ana Alonso Freaza · 8504
    Hai 4 anos · Estudante · Redondela
  8. Ángela Pichel Quintas · 8503
    Hai 4 anos · Estudante · Mos
  9. Oscar Soutelo Barreira · 8502
    Hai 4 anos · Servizos · Compostela
  10. Manuel Pardo Pernas · 8501
    Hai 4 anos · Xunilado · Ortigueira
  11. Raquel Currás Martínez · 8500
    Hai 4 anos · Vilalba
  12. Elena lloves iglesias · 8499
    Hai 4 anos · Santiago De Compostela
  13. Ana María Villar Méndez · 8498
    Hai 4 anos · Ourense
  14. Antón Fernández Escuredo · 8497
    Hai 4 anos · Xornalista · Compostela
  15. Antón Méndez Gándara · 8496
    Hai 4 anos · Veterinario · Lugo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra