Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Jose Angel Lopez Otero · 8540
    Hai 2 anos · Labrador · Cerdeira, Xunqueira de Ambia
  2. Pablo Silva Crespo · 8539
    Hai 2 anos · A Coruña
  3. Lucía Guimarey Viqueira · 8538
    Hai 2 anos
  4. M Jesús Suárez · 8537
    Hai 2 anos · Profesora · Vigo
  5. Monica Velasco Pérez · 8536
    Hai 2 anos · Avogada · As Neves
  6. Diego Naya Brandón · 8535
    Hai 2 anos · Auxiliar administrativo · Arteixo
  7. Tiago Alvite Rueda · 8534
    Hai 2 anos · Produtor tv · Santiago de compostela
  8. Emma Iglesias Piñeiro · 8533
    Hai 2 anos
  9. Ángeles Ramos · 8532
    Hai 2 anos
  10. Patricia Maneiro Ventoso · 8531
    Hai 2 anos
  11. Adrián Romero Rodríguez · 8530
    Hai 2 anos · Animador Sociocultural e turístico · A Pobra do Caramiñal
  12. Xián Cosé Bobillo Bermejo · 8529
    Hai 2 anos · Profesor · Allariz
  13. Andrea Cortegoso Meira · 8528
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  14. Asunción gomez neira · 8527
    Hai 2 anos · Profesora · Carballedo
  15. María Seoane González · 8526
    Hai 2 anos · Sanitaria · A Peroxa Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra