Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Carlos Eirís Patiño · 8555
    Hai 4 anos · Arquitecto Técnico · Carral
  2. Suso Noya López · 8554
    Hai 4 anos · Docente · Compostela
  3. Teresa López Lajos · 8553
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  4. CRISTINA PÉREZ PARGA · 8552
    Hai 4 anos · Gandeira · Monfero
  5. Nerea Vergara González · 8551
    Hai 4 anos · Profesora · Tomiño
  6. Lucía Campillo Rey · 8550
    Hai 4 anos · Cervo
  7. Luis Martinez Gomez · 8549
    Hai 4 anos · Arbo
  8. Andres Mendez Couceiro · 8548
    Hai 4 anos · Vigo
  9. Isabel Dios Orozco · 8547
    Hai 4 anos · Administración · Pontevedra
  10. Reinaldo Loureiro · 8546
    Hai 4 anos · Ribeira
  11. Manuel Feijóo · 8545
    Hai 4 anos · Brigada de incendios · Xinzo de Limia
  12. Julio César Ares Oitavén · 8544
    Hai 4 anos · Educador · Salvaterra de Miño
  13. Enrique Novas Castro · 8543
    Hai 4 anos · Profesor de Matemáticas · Bueu
  14. Javier Agrelo Martínez · 8542
    Hai 4 anos · Informática · Vilagarcía de arousa
  15. Davide Branco Cortizo · 8541
    Hai 4 anos · Salceda de Caselas

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra