Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Elizabeth · 8570
    Hai 2 anos · ayudaca domicilio · Chantada
  2. JUNCAL SANTOS , José Francisco · 8569
    Hai 2 anos · Marín
  3. Belarmina Estévez Sanchez · 8568
    Hai 2 anos · Educadora · Vigo
  4. Manuel Sanchez Somoano · 8567
    Hai 2 anos · Chantada
  5. Silvia Loureiro Fraga · 8566
    Hai 2 anos · Profesora · Friol
  6. fernando xose goyanes vazquez · 8565
    Hai 2 anos · administrativo · o temple(Culleredo)
  7. patricia castro rivas · 8564
    Hai 2 anos · música · vilagarcía de arousa
  8. Sandra Barros Groba · 8563
    Hai 2 anos · As Neves
  9. Imanol Antón Pérez · 8562
    Hai 2 anos · Metre · Moaña
  10. MANUEL ANXO FAFIAN LEMOS · 8561
    Hai 2 anos · Mestre · CHANTADA
  11. Sandra Fernandez Agraso · 8560
    Hai 2 anos · Sanxenxo
  12. Adelia Troncoso · 8559
    Hai 2 anos · Docente · Salceda de Caselas
  13. Hugo Domínguez Groba (Hugo Guezeta) · 8558
    Hai 2 anos · Músico e administrativo · Ponteareas
  14. Ángela Otero Valiño · 8557
    Hai 2 anos · Vilagarcía de Arousa
  15. Daniel Gómez Mariño · 8556
    Hai 2 anos

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra