Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Jose Manuel Villar · 8585
    Hai 2 anos · Banca · Lalin
  2. Marta Portela Fernández · 8584
    Hai 2 anos · Profesora · Compostela
  3. Maria do Mar López González · 8583
    Hai 2 anos · Ferrol
  4. LCC · 8582
    Hai 2 anos · Xermade
  5. Antía Pérez · 8581
    Hai 2 anos · Esteticista · Redondela
  6. Santiago Iglesias García · 8580
    Hai 2 anos · Estudante · Ourense
  7. Isabel Lorenzo Rivera · 8579
    Hai 2 anos · Carballo
  8. Bea López · 8578
    Hai 2 anos · Profesora · Vigo
  9. Demetrio Gomez Xunqueira · 8577
    Hai 2 anos · Pontevedra
  10. Yaiza Correa Ulloa · 8576
    Hai 2 anos · Oroso
  11. Ana Isabel Ramilo Rodríguez · 8575
    Hai 2 anos · Estudante · Gondomar
  12. Anxo Iglesias Covelo · 8574
    Hai 2 anos · Teis. Vigo
  13. Miguel Cruz Fernández · 8573
    Hai 2 anos · Lugo
  14. Roberto Leandrez Represas · 8572
    Hai 2 anos · Loxística · Ponteareas
  15. Olalla Cid · 8571
    Hai 2 anos · Administrativo · Ogrobe

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra