Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Arantxa Martínez Casal · 8600
    Hai 2 anos · Tecnica acuícola · Vigo
  2. Julio López Losada · 8599
    Hai 2 anos · Sarria
  3. Roi Chao Rivas · 8598
    Hai 2 anos · Óptico Optometrista · A Estrada
  4. Daniel Enriquez · 8597
    Hai 2 anos · Compliance · Vigo
  5. Laura Serantes Jamardo · 8596
    Hai 2 anos · Autónoma · Portas
  6. Javier Torre Rodríguez · 8595
    Hai 2 anos · Delegado comercial · Cualedro (Ourense)
  7. Xabier Xil Xardón · 8594
    Hai 2 anos · Docente · Vigo
  8. fran piñeiro vula · 8593
    Hai 2 anos · profesor · vigi
  9. Maria Ramos Espasandin · 8592
    Hai 2 anos · Hixienista dental · Santa Comba
  10. Alberto Pérez Rodríguez · 8591
    Hai 2 anos · Estudante
  11. VÍCTOR TORREIRO GARCÍA · 8590
    Hai 2 anos · PROFESOR · CAMBRE
  12. Lucía · 8589
    Hai 2 anos · Mestra · A Coruña
  13. María Luz Martinez Pedreira · 8588
    Hai 2 anos · Parada · A Coruña
  14. Daniel Ausina Gonzalez · 8587
    Hai 2 anos · Transportista · Ourense
  15. Jorge Souto Costoya · 8586
    Hai 2 anos · santiago de compostela

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra