Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Daniel Iglesias Gómez · 8615
    Hai 4 anos · Acuicultor · Marín
  2. Francisco Javier Pérez Pereira · 8614
    Hai 4 anos · Desempregado · Vigo
  3. Irene Landin Maneiro · 8613
    Hai 4 anos · Auxiliar de enfermería · Vilagarcía de arousa
  4. Ana Cristina Domínguez Domínguez · 8612
    Hai 4 anos · Noia
  5. María Begoña Gallego López · 8611
    Hai 4 anos · Avogada · Redondela
  6. Iria espiño diaz · 8610
    Hai 4 anos
  7. Carolina Castiñeiras Brandón · 8609
    Hai 4 anos · A Laracha
  8. José David Fernández Oviedo · 8608
    Hai 4 anos · Multitarea · Ponferrada
  9. Laura Souto Vilariño · 8607
    Hai 4 anos · Delineante · Carballo
  10. Pilar Vázquez Sánchez · 8606
    Hai 4 anos · Opositora · Xove
  11. Antón Castro · 8605
    Hai 4 anos · Enxenieiro informático · Lugo
  12. damian eugenio hernandez lopez · 8604
    Hai 4 anos · Vigo
  13. M. Elvira Arias Sante · 8603
    Hai 4 anos · Foz
  14. Santiago Estevez Durán · 8602
    Hai 4 anos · Carnicero · Ponteareas
  15. José Luis Lopez Vazquez · 8601
    Hai 4 anos · Administración · Vigo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra