Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Jesús Rodríguez Muíño · 8630
    Hai 4 anos · Almacén · Carballo
  2. Andrés Nóvoa Pérez · 8629
    Hai 4 anos · Ourense
  3. Saleta Chao Rivas · 8628
    Hai 4 anos · Pedagoga social · Cuntis
  4. Alberto Pérez Galán · 8627
    Hai 4 anos · Industria · Monforte de Lemos
  5. fuensanta nieto martinez · 8626
    Hai 4 anos · teo
  6. Xico Paradelo · 8625
    Hai 4 anos · Docente · Amoeiro
  7. Inés Soto Nogueira · 8624
    Hai 4 anos · Estudante · Soutomaior
  8. Marina Goldar Martínez · 8623
    Hai 4 anos · Enx. Técn. Telecomunicacións · A Estrada
  9. Raquel Iglesias Estepa · 8622
    Hai 4 anos · Profesora · Santiago de Compostela
  10. Ania Pérez Alonso · 8621
    Hai 4 anos · Profesora · Mos
  11. Emma Silva Sánchez · 8620
    Hai 4 anos · o Grove
  12. Diego Perez Galan · 8619
    Hai 4 anos · farmaceutico · Santiago
  13. Tamara Castro Leiro · 8618
    Hai 4 anos · Técnica superior en asistencia a dirección · Sanxenxo
  14. Diego Perez Galan · 8617
    Hai 4 anos · farmaceutico · Santiago
  15. Laura Domínguez Álvarez · 8616
    Hai 4 anos · Estudante

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra