Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Nicolás Martínez Andaluz · 8675
    Hai 2 anos · A Coruña
  2. David Losas González · 8674
    Hai 2 anos · A Coruña
  3. Noelia · 8673
    Hai 2 anos · Barbadás
  4. Rocío Barreiro Rodríguez · 8672
    Hai 2 anos · Química · As Neves
  5. Rosalía Grandal Montero · 8671
    Hai 2 anos · Vigo
  6. Vanessa González Requejo · 8670
    Hai 2 anos · A Gudiña
  7. Anxo García · 8669
    Hai 2 anos · Compostela
  8. Xosé Antón Laxe López · 8668
    Hai 2 anos · Industria · Valladolid
  9. Henrique Román García · 8667
    Hai 2 anos · Profesor · Vigo
  10. Ana Belén Crespo Bastos · 8666
    Hai 2 anos · Profesora · O Porriño
  11. David Bautista Pazo · 8665
    Hai 2 anos · Deliñante proxectista · Ponteareas
  12. Lucia Martínez Portela · 8664
    Hai 2 anos · A Guarda
  13. Ana Fernández Abella · 8663
    Hai 2 anos · Traballador por conta allea · Valencia
  14. Andrés Maneiro Boga · 8662
    Hai 2 anos
  15. Alberto Pereira Suárez · 8661
    Hai 2 anos · Mestre · Pontevedra

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra