Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. María Dolores Sánchez Recouso · 7880
    Hai 4 anos · Teleoperadora · Abegondo
  2. Evelio Rial Molina · 7879
    Hai 4 anos · Autonomo · Ourense
  3. Carlos Dorado Gayo · 7878
    Hai 4 anos · Animación e videoxogos · Ourense
  4. María Dolores Martínez Vilas · 7877
    Hai 4 anos · Educadora Infantil · Ribeira
  5. María Belén Albor Nimo · 7876
    Hai 4 anos · Estudante · Noia
  6. Ana Caaveiro Anidos · 7875
    Hai 4 anos · Neda
  7. Victor Sotelo Rúa · 7874
    Hai 4 anos · Desenvolvemento Sofware · Bueu
  8. Daniel Cambón Lorenzo · 7873
    Hai 4 anos
  9. Aleixo Torres Pego · 7872
    Hai 4 anos · Profesor de ensino secundario · Compostela
  10. Ángela Pereira Mouriño · 7871
    Hai 4 anos · Vigo
  11. Maria jesus janeiro carames · 7870
    Hai 4 anos · Mestra · Bertamiráns
  12. Jesús Barrio Gómez · 7869
    Hai 4 anos · Quito, Ecuador (nado en Ourense)
  13. María del Mar Somoza Rodríguez · 7868
    Hai 4 anos · A Coruña
  14. José Ángel Ayude Fernández · 7867
    Hai 4 anos · Estudante · Agolada
  15. Valentín Pereira Mouriño · 7866
    Hai 4 anos · Operario · Salceda de Caselas

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra